Work-café coloquio «Un marco para unha boa dirección» con Nélida Zaitegui de Miguel. FEAE Galicia.

Dende a  xunta directiva de FEAE-Galicia achegámoste unha invitación para que asistas ao Work-café coloquio que se desenvolverá o vindeiro día 24 de febreiro, no anexo á cafetería da facultade de Ciencias da Educación. Na mesma a bordaremos un tema de total actualidade como é «Un marco para unha boa dirección». Documento marco que se está a traballar tanto a nivel nacional como autonómico no que participa tamén o noso Forum.
Contaremos coa presenza dunha  persoa experta e moi implicada no tema como é Nélida Zaitegui de Miguel, asesora en dirección y liderazgo educativo. Formadora en Convivencia y Paz Positiva. Maestra, pedagoga e inspectora de educación.
 
Pensamos que será un magnífica ocasión par poder disfrutar dun oportuno debate entre profesionais do ensino e sobre unha temática moi actual; analizada con datos obxetivos froito das experiencias de documentos analizados.
Toda a información sobre o acto se sinala en documentos adxuntos e aproveitamos para dicirvos que llo fagades extensivo a calquera persoa que consideredes que lle pode interesar esta cuestión e que ese día teña dispoñibilidade. Tanto membros de equipos directivos como orientadores e, mesmamente,  calquera docente implicado nas tarefas do seu centro…
Rogamos nos notifiques canto antes a túa dispoñibilidade e non o deixedes para os últimos días pois temos que facilitarlle á cafetería, para o pinchiño final, os datos de asistencia o máis tardar o día 23.Recibe unha cordial aperta e anímate a compartir connosco ese día.
 
Emilio J. Veiga Río
Presidente de FEAE-Galicia
http://feaegalicia.org/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *